Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2012 Páx. 31535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre a proposta de convenio urbanístico de planeamento para a obtención de parcelas en anteproxecto de ordenación de zona verde na zona 1 do SU-41 (expediente 1011/12).

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei de Galicia 9/2002, sométese a información pública durante o prazo de vinte días a proposta de convenio urbanístico de planeamento para a obtención de parcelas con referencias catastrais 3401052NG9930S0001QS e 3401085NG9930S0001PS, para o desenvolvemento do anteproxecto de ordenación da zona verde do interior de quinteiro en Santa Teresita na zona 1 do SU-41.

A dita proposta de convenio urbanístico poderase consultar no Negociado de Planeamento Urbanístico, sito na rúa García Mosquera, nº 19, das 9.00 ás 13.30 horas.

Ourense, 16 de xullo de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente