Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 6 de agosto de 2012 Páx. 31337

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de xullo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto por Ana María Domínguez Arcos.

Con data do 6 de xullo de 2012 a conselleira de Facenda ditou a resolución pola que se acepta o recurso de alzada presentado por Ana María Domínguez Arcos contra a Resolución do 14 do maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos, correspondente ao ano 2011, das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal da Xunta de Galicia.

Tentada, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar sendo devolta polo dito servizo por «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Ana María Domínguez Arcos a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública