Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31193

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012 pola que se fai pública a modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia, acordada polo Pleno en sesión do día 20 de xullo de 2012.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do Consello de Contas de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da institución.

En consecuencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 20 de xullo de 2012, de conformidade co disposto no artigo 8.j) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas, en relación co artigo 27 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobada polo Decreto lexislativo1/2008, do 13 de marzo, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Suprimir o posto de traballo nº 001, asesor, da RPT do persoal eventual do Consello de Contas de Galicia.

Segundo. Crear un novo posto de traballo na RPT do persoal funcionario, coa seguinte descrición:

Nº do posto de traballo: 018.

Posto de traballo: auditor.

Tipo de posto: singularizado.

Forma de provisión: libre designación.

Subgrupo: A1.

Nivel c. destino: 28.

Específico: 17.538,84 €.

Adscrición adm. púb.: A12 (C.A. Galicia, outras CC.AA., Estado e corporacións locais).

Méritos preferentes: experiencia en auditoría de contas.

Terceiro. Adaptar a numeración dos postos de traballo na RPT de funcionarios segundo o resultado desta modificación.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2012

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas