Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31270

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de gando vacún (expediente 6834/12).

José Antonio Pérez Vila en representación de SAT Casagrande, expediente nº 6834/12, presentou neste concello solicitude de licenza para ampliación de explotación de gando vacún con almacén no lugar de Montrigo, Cangas, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no departamento de Urbanismo deste concello e se formulen polos interesados as alegacións que se xulguen convenientes.

Lalín, 10 de xullo de 2012

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde