Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación gandeira en Santa Mariña-Maroñas.

Faise público que Ganadería Conexo, S.C. solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliación da explotación gandeira existente, mediante a construción de sala de muxidura, sala de espera, leitería e anexos en Santa Mariña-Maroñas abranguida no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e a documentación anexa requirida pola normativa e para os efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxceto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que xulguen pertinentes.

Mazaricos, 12 de xullo de 2012

Manuel Rodríguez Caamaño
Alcalde en funcións