Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2012/33).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Leira (expediente 33.621).

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión (LMT) (aérea) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,082 km, con condutor LA-56/54,6 mm² Al, con orixe no apoio nº 19 existente da LMT LAR-703, tramo entre CT Monte da Mina (expediente 51.821) e o CT Leira (expediente 33.621), e final no CT Leira proxectado.

Centro de transformación (CT) intemperie Leira, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, en substitución do existente do mesmo tipo (expediente 33.621), instalándose sobre un novo apoio tipo HVH-13/1600 na mesma localización do existente, no concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña