Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2012/34).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT e CT Vilar (expediente 32607).

Situación: concello de Carballo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión (LMT) (aérea) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,202 km sobre apoios existentes, con condutor LA-56/54,6 mm² Al, con orixe no apoio nº 23 existente da LMT CBL-704B, tramo da derivada a CT Vilar (expediente 32607), e final no apoio nº 25 existente do CT Vilar para reformar proxectado.

Centro de transformación (CT) intemperie Vilar, coa substitución do transformador existente por un de potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, así como as autoválvulas, interruptor tetrapolar, rede de terras e cruceta sobre apoio existente, no concello de Carballo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de xullo de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña