Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade da renovación dunha autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada concedida á instalación industrial que se relaciona a seguir e que se pode consultar no seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 10 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada á Unidade de Produción Térmica e vertedoiro controlado de residuos non perigosos situados no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Titular: Endesa Generación, S.A. (nº de rexistro AAI: 2005/0479_AIA/IPPC_025; clave de expediente de renovación 2011-IPPC-M-58).

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental