Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31217

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-46/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa titular do establecemento que se relaciona no anexo que se achega a resolución de arquivamento do expediente sancionador, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana núm. 79-2º, CP 32003 Ourense.

Non obstante o anterior, e de acordo co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 18 de xullo de 2012

Luís Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-46/12.

Denunciada: Isabel Inés Vargas Franco.

NIF: 45159932-F.

Establecemento: Reboredo.

Enderezo: rúa Principal núm. 41, Reboredo, San Cibrao de Viñas (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997, do 4 de agosto.