Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de xullo de 2012, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas aos debedores que a continuación se relacionan (expediente c-81/040, conta 88).

En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59 e 96.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao amparo do artigo 30.1 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase aos interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase ao lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles aos interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evitar o lanzamento aboando o total da débeda, así como as cotas da comunidade que tivesen pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Conforme o previsto nos artigos 610 do C.C. e 703.1 da LEC, consideraránse bens abandonados todos aqueles mobles e aparellos que, no momento do lanzamento, non fosen retirados.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 6 de xullo de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Antonio Sabín Purriños, Teresa Vidal e herdeiros.

Expte. C-81/040 (F.P. 7/12).

Conta: 88.

R/ Bernardo Miño, 2-1º dta., A Condesa (Betanzos).

Importe débeda: 5.725,98 € (54 recibos).