Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2012 Páx. 31146

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (SI437A).

Advertido erro na Resolución do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (SI437A), procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 27059, o número 1.2.d) do artigo 11, Criterios de avaliación, onde di: «d) Achega de fondos propios para o mantemento e/ou funcionamento da entidade. Ata 15 puntos segundo a seguinte desagregación:», debe dicir: «d) Achega de fondos propios para a realización do programa. Ata 15 puntos segundo a seguinte desagregación:».