Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se fai público o acordo de expropiación forzosa para a obtención de parte da edificación sita na rúa das Burgas, número 5 (Casa da Panadería) (expediente Xestión Urbanística 750/12).

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 12 de xullo de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

36. Expropiación forzosa para a obtención de parte da edificación sita na rúa das Burgas, número 5 (Casa da Panadería), afectada pola cualificación de espazos libres/zona verde e vial do Plan especial de protección do BIC con categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e do seu conxunto delimitado (expediente Xestión Urbanística 750/12).

A Xunta de Goberno local, de conformidade coa proposta, por unanimidade acordou:

1. Iniciar o expediente de expropiación urbanística para a obtención da parte da edificación sita na rúa das Burgas, número 5 (Casa da Panadería), afectada pola cualificación de espazos libres/zona verde e vial do Plan especial de protección do BIC con categoría de sitio histórico do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado.

2. Someter o expediente a información pública na forma prevista no artigo 143 da Lei de Galicia 9/2002, mediante publicación da relación de bens e dereitos que se expropiarán nun dos diarios de maior circulación da provincia, no DOG e no taboleiro de edictos municipal, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes.

3. Notifíquese individualmente os titulares de bens e dereitos mediante traslado literal da folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes contado desde a notificación do presente acordo.

Ourense, 12 de xullo de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente