Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paderne

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dun taller de mecánica do automóbil en Obre.

Antonio Sanjuan Pena solicitou licenza municipal para proceder á apertura dun taller de mecánica do automóbil que se situará en Obre-Paderne.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, que establece: o expediente será sometido polo concello ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello. A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar de localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Paderne, 19 de xuño de 2012

César Longo Queijo
Alcalde presidente