Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

Con data do 22 de maio de 2012 suscribiuse a modificación do texto inicial do convenio urbanístico expropiatorio para levar a cabo a execución da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal para incorporar terreos ao sistema xeral viario para a realización dunha rotonda de enlace na estrada C-552, a través do procedemento expropiatorio, e que consiste na permuta da parcela número 3 incluída no plan de equidistribución do APU-M1, denominada As Monxas, propiedade do concello, por unha superficie de 52,96 m² da parcela 762 do polígono 20 e unha superficie de 128,54 m² da parcela 384 do polígono 36. De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, por providencia de Alcaldía do 29 de xuño de 2012, sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación do presente anuncio neste diario.

Durante o dito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado na oficina técnica das dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Coristanco, 29 de xuño de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde