Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2012, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se fai pública a formalización do procedemento aberto para a contratación de servizos de fisioterapia, logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes das áreas sanitarias Norte, Sur e O Salnés da provincia de Pontevedra (AB/SER4/11/012).

Expediente: AB-SER4-11-012.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER4-11-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: prestación de servizos de fisioterapia, logopedia, atención temperá e rehabilitación integral a pacientes con parálise cerebral e patoloxías semellantes das áreas sanitarias Norte, Sur e Salnés da provincia de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: un millón trescentos vinte mil euros (1.320.000,00 euros).

5. Formalización do concerto:

a) Data de adxudicación: 29 de xuño de 2012.

b) Data de formalización dos concertos: 1 de xullo de 2012.

c) Empresas adxudicatarias:

– Lote 1: C.F. Nuestra Señora de la Esperanza, S.L.

– Lote 2: Fisioterapia Médica de Galicia, S.L.

– Lote 4: Ana Mª Parada.

Importe de adxudicación: 1.320.000,00 euros.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

P.D. (Decreto 311/2009, Orde 15.6.2009)
Mª Nieves Domínguez González
Xerente do Servizo Galego de Saúde