A representante da titularidade do CPR Aula Nosa, do concello da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) de Xestión administrativa e a autorización do CM de Sistemas microinformáticas e redes, do programa de cualficación profesional inicial (PCPI) de Informática e do PCPI de Servizos administrativos.
A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña achega o expediente cos correspondentes informes, de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995, que o desenvolve.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Suprimir o ciclo formativo de grao medio (CM) de Xestión administrativa, e autorizar o CM de Sistemas microinformáticos e redes, o programa de cualficación profesional inicial (PCPI) de Informática e o PCPI de Servizos administrativos, no centro privado que se sinala:
Denominación: CPR Aula Nosa.
Código do centro: 15032431.
Domicilio: Mosteiro de Caaveiro, 1, baixo.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Centro de Ensino Vagalume, S.L.
Composición resultante:
Quenda de mañá:
• 1 CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• Educación básica para as persoas adultas:
– Ensinanzas básicas iniciais: nivel I e II.
– Educación secundaria para persoas adultas: nivel I.
Quenda de tarde-noite:
• PCPI Informática (15 alumnos/as).
• PCPI Servizos administrativos (15 alumnos/as).
– Educación básica para as persoas adultas:
– Educación secundaria para persoas adultas: nivel II - 2º PCPI.
Segundo. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria