Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 13 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59 e 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requíreselles para que no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo; advertíndolles que de non facelo así se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 13 de xullo de 2012

Luís A. Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Carril Díaz, Omar Alberto

32812333-G

189/I/12

A Coruña

Opción fillo a cargo-pensión non contributiva

Desistido

Gómez Regueira, Emilio

32355097-P

246/X/12

A Coruña

IRPF interesada, copia do pasaporte e pensión estranxeiro

Desistido

Rodríguez Castro, Fernando

54128098-J

231/I/12

Culleredo

Nóminas nai e irmá, convenio regulador e residencia

Desistido

Rodeiro Neira, Isabel

9423562-W

336/I/12

Santiago de Compostela

Contradición entre a solicitude e o padrón e xustificar rendementos de traballo

Desistido