Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2012 Páx. 31015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 18 de xullo de 2012, do Servizo de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 27 de xuño de 2012, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-103/12, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona, a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira. Os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co establecido no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a resolución do presente procedemento por infracción leve corresponde á titular da Xefatura de Servizo de Turismo da Coruña.

A resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data do presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme co establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo considerarase como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-103/12.

Denunciado: Sandra Fabiana Sánchez.

NIE: X1083793X.

Establecemento: café bar Club Zorba.

Enderezo: rúa Río Xallas, 49.

Localidade: Carballo.

Precepto infrinxido: art. 109.2 letras a) e b) da Lei 7/2011.

Incoación: 27 de xuño de 2012.

Sanción: multa de douscentos euros (200 €).