Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30809

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO do 3 de xullo de 2012 pola que se acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita (expediente CP-001-2012).

A Dirección Xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita:

Subministración e instalación de nodos ópticos para a rede troncal de Retegal (expediente CP-001-2012).

1. Adxudicatario: Acuntia, S.A.

2. Importe de adxudicación:

Importe neto: 188.000,00 euros.

IVE (%): 18.

Importe total: 221.840,00 euros.

3. Data de adxudicación: 14 de maio de 2012.

4. Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2012.

Esta adxudicación, en cumprimento dos artigos 153 e 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de bases xurídicas, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

José Ángel Abeal Riveiros
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.