Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30810

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO do 3 de xullo de 2012 pola que se acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita (expediente CP-011-2011).

A Dirección Xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita:

Servizo de planificación, tramitación de terreos e licenzas para o despregamento da rede de infraestruturas para a extensión da banda larga en 103 sitios (expediente CP-011-2011).

1. Adxudicatario: UTE-SIM-NIP, S.A.

2. Importe de adxudicación:

Importe neto: 144.364,80 euros.

IVE (%): 18.

Importe total: 170.350,46 euros.

3. Data de adxudicación: 14 de maio de 2012.

4. Data de formalización do contrato: 16 de maio de 2012.

Esta adxudicación, en cumprimento dos artigos 153 e 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de bases xurídicas, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

José Ángel Abeal Riveiros
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.