Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2012, do Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto da conexión do porto seco de Monforte coas estradas LU-933 e CN-120, de clave LU/06/198.01, no termo municipal de Monforte de Lemos.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 16 de novembro de 2010 a Dirección Xeral de Infraestruturas procedeu á aprobación do proxecto de construción de devandita obra.

Con data do 16 de decembro de 2010 o Consello da Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 212/2010, publicado no DOG nº 248, do 28 de decembro de 2010.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, no uso das facultades que me confire o artigo 98 da mencionada lei, resolvo convocar os titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 27 de agosto de 2012.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

De: Aira Deliz, Pilar (hdos. de) a De Prado Prieto, Julia.

Lugar: salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 28 de agosto de 2012.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

De: Díaz Casanova, Aníbal (hdos. de) a González Díaz, Emilia.

Lugar: salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 29 de agosto de 2012.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

De: González López, José a Moinelo Prado, Manuel.

Lugar: salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 30 de agosto de 2012.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas.

De: Monte comunal de veciños de Monforte a Rodríguez Pérez, Carmen.

Lugar: salón de plenos do Concello de Monforte de Lemos.

Día: 31 de agosto de 2012.

Horario: das 9.00 ás 13.00 horas.

De: Rodríguez Prieto, Jesús a Vázquez Rodríguez, Purificación.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos de expropiación correspondentes estarán expostos no Concello de Monforte de Lemos e no Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas (Edif. Advo. rolda da Muralla, 70).

A ese acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial de Lugo, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 12 de xullo de 2012

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas