Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2012 Páx. 30773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 17 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica á Metalgest del Atlántico, S.L. a Resolución do 11 de xuño de 2012, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2012/06.

Intentada a práctica da notificación con Metalgest del Atlántico, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizala. Polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria encadrado na Vicesecretaría Xeral da Secretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e de conformidade co establecido no artigo 37.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, poñéndolle de manifesto o expediente no enderezo arriba indicado, para que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que estime pertinentes na defensa dos seus intereses (trámite de audiencia).

De acordo co artigo 77.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o inicio do procedemento de reintegro interromperá o prazo de prescrición de que dispón a Administración para exixir o reintegro, de acordo co establecido no artigo 35 desta mesma lei, que indica que prescribirá aos catro anos.

Así mesmo, infórmase que segundo o artigo 38.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento de reintegro será de doce meses desde a data do acordo de iniciación. O dito prazo poderá suspenderse e ampliarse de acordo co previsto nos números 5 e 6 do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se transcorre o prazo para resolver sen que se notificase resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento, sen prexuízo de continuaren as actuacións ata a súa terminación e sen que se considere interrompida a prescrición polas actuacións realizadas ata a finalización do citado prazo.

Persoa xurídica: Metalgest del Atlántico, S.L.

CIF: B36913515.

Último enderezo coñecido: Igrexa 44-46, A Pontellas, 36412 O Porriño, Pontevedra.

Data de resolución: 11 de xuño de 2012.

Asunto: expediente CEI-SX-2012/06. Resolución pola que se acorda o inicio de expediente de reintegro por importe de 14.656,50 € e a revogación da subvención que lle foi concedida ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso a formación especializada en xestión da innovación dentro da Rede de Xestores de Innovación de Galicia (XIGA) e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria