Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2012 Páx. 30336

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 782/2011, interposto polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 782/2011, interposto polo Colexio Oficial de Biólogos, contra a Resolución do 22 de xullo de 2011, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2011, que aproba a relación de postos de traballo das consellerías do Mar, Medio Rural e Sanidade con respecto aos servizos de veterinarios (DOG nº 141, do 22 de xullo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública