De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 32/10/00462 (Orde do 21 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010).
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.
Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2012
Francisco Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Rural e do Mar
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 32/10/00462.
Interesado: Pedro Murias Martínez.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Derradeiro domicilio coñecido: Cambela, núm. 46, 32374 O Bolo, Ourense.