Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia a adxudicación do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña. Campaña verán 2012 (expediente 42/2012).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro; Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: cento oitenta e catro mil catrocentos dezaseis euros con sesenta e seis céntimos (184.416,66 €), máis catorce mil setecentos cincuenta e tres euros con trinta e catro céntimos (14.753,34 €) en concepto de IVE (8 %); resulta un total de cento noventa e nove mil cento setenta euros (199.170,00 €).

5. Adxudicación:

a) Data: 22 de xuño de 2012.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e tres mil catrocentos sesenta e seis euros con sesenta e sete céntimos (183.466,67 €), máis catorce mil seiscentos setenta e sete euros con trinta e tres céntimos (14.677,33 €) en concepto de IVE (8 %); resulta un total de cento noventa e oito mil cento corenta e catro euros (198.144,00 €).

A Coruña, 27 de xuño de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña