Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2012 Páx. 30272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

1. Expediente: 16/2012.

1.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

1.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos na modalidade de concerto.

b) Descrición do obxecto: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 54 prazas.

c) Lotes: tres (3).

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 62, do 29 de marzo de 2012.

1.3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 51,50 € (con IVE: 55,62 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE: 71,33 €) e prazas de día: 43,50 € (con IVE: 46,98 €). Total con IVE: 1.276.792,25 €.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de maio de 2012.

b) Data de formalización: lotes 1, 2 e 3 o 15 de xuño de 2012.

c) Contratistas: Asociación de Iniciativa Social Berce (lote 1). Aldeas Infantiles SOS Galicia (lote 2). Cruz Vermella de Galicia (lote 3).

d) Importe unitario de adxudicación:

Lote 1 (IVE exento): prazas xerais, 51,50 €. Prazas especiais, 66,05 €. Total: 207.729,85 €.

Lote 2 (IVE exento): prazas de día, 43,50 €. Total: 762.642,00 €.

Lote 3 (IVE exento): prazas de día, 41,32 €. Total: 201.228,40 €.

e) Nacionalidade: española.

f) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: valorouse a única proposición presentada para cada lote.

2. Expediente: 24/2012.

2.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

2.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos na modalidade de concesión.

b) Descrición do obxecto: xestión e dirección do centro de menores O Seixo en Vigo para o acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 88, do 9 de maio de 2012.

2.3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

2.4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 48,70 € (con IVE: 52,60 €); prazas especiais: 62,45 € (con IVE: 67,45 €); prazas día: 41,50 € (con IVE: 44,82 €). Total con IVE: 514.742,40 €.

2.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de xuño de 2012.

b) Data de formalización: 28 de xuño de 2012.

c) Contratista: Nuestra Señora de la Caridad del Buen Pastor.

d) Importe unitario de adxudicación: (IVE exento). Prazas xerais: 48,50 €; prazas especiais: 62,30 €; prazas de día: 41,00 €. Total: 473.841,90 €.

e) Nacionalidade: española.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser no seu conxunto a máis vantaxosa para a Administración.

3. Expediente: 49/2012.

3.1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

3.2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos na modalidade de concerto.

b) Descrición do obxecto: acollemento residencial de menores en situación de desamparo ou risco, que estean tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia. 20 prazas. Lugo.

c) Lotes: non.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 99, do 25 de maio de 2012.

3.3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

3.4. Orzamento base de licitación. Importes unitarios máximos por praza/día: prazas xerais: 51,50 € (con IVE: 55,62 €); prazas especiais: 66,05 € (con IVE: 71,33 €); prazas día: 43,50 € (con IVE: 46,98 €). Total con IVE: 604.240,38 €.

3.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de xuño de 2012.

b) Data de formalización: 29 de xuño de 2012.

c) Contratista: Nuestra Señora de la Caridad del Buen Pastor.

d) Importe unitario de adxudicación: (IVE exento). Prazas xerais: 51,50 €; prazas especiais: 66,05 €; prazas de día: 43,50 €. Total: 559.485,90 €.

e) Nacionalidade: española.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: valorouse a única proposición presentada á licitación.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar