Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30175

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO para a contratación mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada dos servizos de telecomunicacións (telefonía fixa, móbil e internet de centros sociais) neste concello.

Aprobado polo Pleno en sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de xuño de 2012 o prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e prescricións técnicas (PPT) que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación armonizada, para contratar os servizos de telecomunicacións (telefonía fixa, móbil e wifi de centros sociais) no concello de Redondela, faise público para os efectos de presentación de proposicións e ofertas polos licitadores interesados o seguinte anuncio:

1. Entidade que adxudica: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a prestación dos servizos de telecomunicacións do concello de Redondela (telefonía fixa, móbil e wifi de centros sociais).

Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

Duración do contrato: 3 anos, é susceptible de prórroga por un período de 3 anos, ata un máximo de 6 anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto. Regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 360.000,00 €, sen IVE; 424.800,00 €, IVE incluído.

5. Garantía definitiva: 18.000,00 euros.

6. Obtención da documentación e información: Oficina de Contratación do Concello de Redondela, planta baixa da casa do Concello. Alfonso XII, 2, Redondela, teléfono: 986 40 03 00; fax: 986 40 38 94. Correo electrónico: contratacion@redondela.es

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo V, subgrupo IV, categoría A.

8. Presentación de ofertas: 47 días naturais contados a partir do envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea. Documentación: a exixida na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada ao enderezo rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 13.30 horas do último día de prazo. Se o último día fose sábado ou domingo, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax: 986 40 38 94 ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura ofertas.

Data e hora: 10.00 horas do quinto día hábil (non sábado) seguinte ao do remate de dito prazo.

10. Criterios de valoración das ofertas:

Oferta económica: 60 puntos.

Servizo de telefonía fixa, transmisión de datos e acceso á internet (parte 1): 30 puntos.

Servizo de telefonía móbil (parte 2): 15 puntos.

Servizo de acceso a internet + IP fixa + liña analóxica para cada unha das 13 localizacións adscritas ao wifi Redondela (parte 3): 15 puntos.

Oferta técnica: 40 puntos.

Adecuación dos equipamentos e servizos ofertados ás necesidades do concello: 10 puntos.

Plan de mantemento dos servizos: 15 puntos.

Melloras nas prestacións dos servizos e equipos: 15 puntos.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.500,00 €.

11. Modificación da concesión: o órgano de contratación poderá proceder a modificar o contrato con estrita suxeición á lexislación aplicable, particularmente ao título V do libro I, os artigos 219 e 306 do TRLCSP e os artigos 97 e 102 do RXLCAP (Real decreto 1098/2001). As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para o contratista e deberán formalizarse conforme o disposto no artigo 156 do TRLCSP. De acordo cos artigos 106 do TRLCSP procederá a modificación do contrato de ser o caso ata o límite dun 50 % do seu prezo inicial de adxudicación cando se produza un aumento ou redución ou supresión dos servizos, e non se considerarán a estes efectos as novas altas ou reducións de liñas telefónicas ou similares que representen o 30 % das existentes no momento da adxudicación do contrato.

12. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3 de xullo de 2012.

13. Páxina web para obtención de información, PCAP e PPT: www.redondela.es

Redondela, 3 de xullo de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde