Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30178

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Agris, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa agraria Agris, S. Coop. Galega, con domicilio no Lg. Finca As Coutadas, s/n de Friol (Lugo), e CIF F27300821, por medio do presente anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, que tivo lugar o 29 de xuño de 2012, acordou fusionarse polo sistema de absorción coa sociedade cooperativa agraria Cooperativa del Campo de Marey, S. Coop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Agris, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Friol, 14 de xullo de 2012

Pedro Barrio Vázquez
Presidente de Agris, S. Coop. Galega