Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xullo de 2012 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/67/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio dos interesados.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG núm. 59, do 27 de marzo) ditou, o 27 de xuño de 2012, a resolución de arquivo do expediente de reposición da legalidade urbanística arriba indicado incoado pola execución das obras de construción dunha edificación de madeira sobre unha soleira de formigón, pozo de auga, cadro eléctrico e tubarías, no lugar do Vieiro-As Pontes, parroquia de Noalla, no termo municipal de Sanxenxo, provincia de Pontevedra, xa que se procedeu a repoñer a legalidade urbanística vulnerada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros de José Rodríguez Torres, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de diez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística