Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30096

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o anteproxecto de explotación, acondicionamento e mellora das instalacións para o servizo aos campistas na illa de Ons-Bueu. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e o estudo de viabilidade económico-financeira.

Mediante Resolución do 10 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, foi aprobado provisionalmente o anteproxecto de explotación, acondicionamento e mellora das instalacións para servizo aos campistas na illa de Ons-Bueu. Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e o estudo de viabilidade económico financeira, que se fai público para coñecemento xeral e, en consecuencia, por medio da presente resolución, ábrese o prazo de información pública dun mes a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 129.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Expónse ao público para estes efectos na Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Servizos Provinciais de Conservación da Natureza da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en Vigo.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2012

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza