Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2012 Páx. 30093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Reia Análisis Especiales, S.A. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Diego Peris Caminero en nome e representación de Reia Análisis Especiales, S.A., con CIF A15162829, con domicilio social na rúa Asunción, s/n 15142 A Coruña, para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ten en consideración os seguintes

Feitos.

Primeiro. Reia Análisis Especiales, S.A. foi acreditada por ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, para as actividades de ensaios no sector ambiental, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17025, tal e como consta no certificado de acreditación nº 565/LE1528, do 31 de xullo de 2009, e no anexo técnico revisión 1, con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. O 6 de xuño de 2012, Diego Peris Caminero, en nome e representación de Reia Análisis Especiales, S.A. presentou escrito solicitando, ao abeiro do RD 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, presentaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RRDD 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación de este expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Reia Análisis Especiales, S.A. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do RD 2200/1995, do 28 de decembro, para su actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Reia Análisis Especiales, S.A., para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Análises fisicoquímicas para ensaios en laboratorio permanente para augas residuais, augas non tratadas, augas non tratadas non destinadas al consumo, augas residuais, augas tratadas non destinadas ao consumo, augas non tratadas.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, e poderá ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos establecidos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC.

3. Reia Análisis Especiales, S.A., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, e deberá, en calquera caso, notificar á Administración competente da comunidade autónoma distinta da que o autorizou, o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada as seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poda establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental