Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29933

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de xuño de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto, a Consellería do Medio Rural e do Mar

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dous postos de traballo vacantes que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a elas os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que se exixen para o desempeño dos postos e que se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (rúa dos Irmandiños, s/n; 15781 Santiago de Compostela), nos seus servizos territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vítae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar os postos de traballo anunciados no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino definitivo noutra Administración pública, o seu nomeamento requirirá o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerá favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta reingreso ao servizo activo. O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, agás no caso de procedencia doutras administracións, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á comunidade autónoma, co límite dos dous meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2012

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I

Denominación: Xefatura Servizo de Coordinación, Control e Xestión Administrativa.

Código: MR.O12.00.000.15770.055.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 euros.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Titulación académica requirida: licenciado/a en dereito.

Adscr. Adm. P.: AXG.

Centro de destino: Secretaría do Fogga.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Xefatura Servizo de Intervención de Mercados.

Código: MR.O13.00.000.15770.037.

Nivel: 28.

Complemento específico: 15.981,84 euros.

Grupo: A1-A2.

Corpo/escala: xeral/especial.

Formación específica: 640.

Adscr. Adm. P.: A11.

Centro de destino: Subdirección Xeral de Xestión da PAC.

Localidade: Santiago de Compostela.

– Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:

AXG: adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC. AA.

– Descrición códigos da formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file
missing image file