Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2012 Páx. 29987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de xuño de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea M. IV.

Visto o expediente instruido a efectos de transmisión da batea M. IV e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 18 de xuño de 2012, Bruno Celaya Argos e Mª del Carmen Suárez Costoya solicitaron autorización para a transmisión da concesión da batea M. IV.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Ricardo López Piñeiro (52938028-D) 1/2 privativa, da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M. IV.

Localización:

Cuadrícula nº: 49.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña)

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: 14.11.1946.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Mª del Carmen Suárez Costoya e Bruno Celaya Argos (35418175-S; 72011452-Q) 100% gananciais.

Novos titulares: Mª del Carmen Suárez Costoya e Bruno Celaya Argos (35418175-S; 72011452-Q) 1/2 gananciais; Ricardo López Piñeiro (52938028-D) 1/2 privativa.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os novos titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 19 de xuño de 2012

P.D. (Resolución do 12 de abril de 2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña