Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos.

De acordo co o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

Expediente: ED-DXEFPIE-02/12SE. Contrato administrativo especial de organización e desenvolvemento de cursos de alemán, inglés e francés para alumnado de centros de Galicia sostidos con fondos públicos.

1. Adxudicatario lote 1: Red Leaf, S.L.

1.1. Orzamento: 228.786,10 euros.

Data de adxudicación: 26.6.2012.

Data da formalización: 26.6.2012.

2. Adxudicatario lote 2: Vaughan Intensivos Residenciales, S.L.

2.1. Orzamento: 604.800,00 euros.

Data de adxudicación: 26.6.2012.

Data da formalización: 26.6.2012.

3. Adxudicatario lote 3: Red Leaf, S.L.

3.1. Orzamento: 199.839,00 euros.

Data de adxudicación: 29.6.2012.

Data da formalización: 29.6.2012.

4. Adxudicatario lote 4: deserto.

5. Adxudicatario lote 5: deserto.

6. Adxudicatario lote 6: She Herencia, S.L.

6.1. Orzamento: 417.558,81 euros.

Data de adxudicación: 26.6.2012.

Data da formalización: 26.6.2012.

7. Adxudicatario lote 7: Red Leaf, S.L.

7.1. Orzamento: 535.900,00 euros.

Data de adxudicación: 26.6.2012.

Data da formalización: 26.6.2012.

8. Adxudicatario lote 8: She Herencia, S.L.

8.1. Orzamento: 58.600,00 euros.

Data de adxudicación: 29.6.2012.

Data da formalización: 29.6.2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño) e no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria