Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

En cumprimento do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome da Conselleira de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou dar publicidade da adxudicación que se indica a continuación:

Servizo para a redacción do proxecto básico e de execución para a construción dun novo CEIP en Oleiros (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Adxudicatario: UTE Carlos García Saorín-Miguel Jiménez Martín.

Orzamento: 58.552,40 euros (IVE incluído).

Data de adxudicación: 29 de maio de 2012.

Data de formalización do contrato: 5 de xullo de 2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria