Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación do domicilio social do Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación, onde se reflicte o acordo acadado en asemblea xeral extraordinaria do 23 de xuño de 2012, en que se recolle a modificación do domicilio social, que pasa a ser en Convento de San Francisco, Centro Cultural Xoán XXIII, rúa dos Castiñeiros, s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Odilo Martiña Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais