Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2012 Páx. 29703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012045TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 25 de maio de 2012, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2012045TA-LU incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Benigno Quiza Fernández (Bst Albeni).

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Benigno Quiza Fernández (Bar Albeni) o contido da referida proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, nº, 9 de Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de xullo de 2012

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2012045TA-LU.

Denunciado: Benigno Quiza Fernández (Bar Albeni).

DNI/NIF/CIF: 76403227-X.

Último enderezo coñecido: avenida da Pravia, nº 12, 3º, 27800 Vilalba (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).