Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2012 Páx. 28977

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 9 de xullo de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 16 de maio de 2012.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería anunciada pola Orde do 16 de maio de 2012 (DOG nº 101, do 29 de maio) de conformidade co disposto no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, anunciada pola Orde do 16 de maio de 2012 (DOG nº 101, do 29 de maio).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen ao funcionario; nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A persoa titular do departamento de persoal en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral de Función Pública.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Tello Calvo Víctor.

NRP: 5053310246 A205J.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Consumo.

Código do posto: INO191000015001001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial (Instituto Galego de Consumo).

Localidade: A Coruña.