Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28779

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012 pola que se convoca o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia: da conservación dos núcleos históricos ás áreas de rehabilitación integral nos barrios populares.

Conforme aos fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), a EGAP, en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a Dirección Xeral de Administración Local e o Instituto de Estudos do Territorio (IET), convoca o II Curso de Rehabilitación e Revitalización Urbana en Galicia: da conservación dos núcleos históricos ás áreas de rehabilitación integral nos barrios populares.

1. Obxectivos

– Transmitir a necesidade da renovación e rehabilitación urbana como unha alternativa ao modelo de crecemento urbano sen límites.

– Dar a coñecer unha metodoloxía exitosa para a realización das memorias-programa para a petición de ARI´S.

– Mostrar como conseguir unha xestión eficiente dos programas de rehabilitación para lograr que poidan levar a cabo con éxito, tanto desde unha perspectiva de protección patrimonial como das solucións ás problemáticas nas vivendas que necesitan rehabilitación.

– Coñecer principios básicos dos sistemas de información xeográfica para o seu emprego como ferramenta para a elaboración das memorias-programa e na xestión da rehabilitación.

– Transmitir criterios baseados na experiencia para a elaboración de ordenanzas e bases de axudas públicas para a revitalización e rehabilitación de áreas urbanas.

– Coñecer exemplos exitosos de intervención e de organismos que xestionan esas intervencións: Consorcio de Santiago de Compostela, Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCHIR), Oficina de Rehabilitación do Concello de Ourense.

2. Contido

No curso trataranse, entre outros, os seguintes temas:

– A necesidade de recuperación do espazo construído.

– Medidas para lograr a recuperación demográfica dos núcleos históricos e dos sectores urbanos en proceso de degradación social e ambiental.

– As áreas de rehabilitación integral como instrumento para a recuperación social, funcional e física dos espazos construídos.

– A cidade dos barrios. Repensando a cidade desde A Coruña.

– Os sistemas de información xeográfica e as novas tecnoloxías para o tratamento da información do territorio.

– Os sistemas de información xeográfica como ferramenta para a elaboración das memorias-programa dos ARI e a xestión da rehabilitación (I).

– Tramitación xurídico-administrativa das ARI.

– Criterios de intervención desde o punto de vista da protección patrimonial nos núcleos históricos e no resto do espazo urbano.

– Que é e que significa falar de revitalización e rehabilitación nos albores do século XXI?

– A rehabilitación en España. Novas tendencias na intervención en barrios degradados.

– A xestión da ARI da cidade de Santiago de Compostela (I). Criterios para o acceso ás axudas. Ordenanzas que as regulan.

– Os sistemas de información xeográfica como ferramenta para a elaboración das memorias-programa das ARI e a xestión da rehabilitación (II).

– Pensar a cidade, desde a creatividade á innovación urbana.

– Criterios de análise para a realización dunha ordenanza e bases de axudas públicas para a revitalización e rehabilitación de áreas urbanas.

– A xestión das ARI da cidade de Santiago de Compostela (II): o ARI de Vista Alegre. Análise do proceso de implantación do programa.

– As intervencións de renovación e rehabilitación no espazo público en Santiago de Compostela: un exemplo a seguir.

– Intervencións de rehabilitación e renovación en espazos singulares (I): o ARI dos Camiños de Santiago de Compostela.

– Os sistemas de información xeográfica como ferramenta para a elaboración das memorias-programa das ARI e a xestión da rehabilitación (e III).

– Presentación das iniciativas e programas do Consorcio de Santiago de Compostela. A Oficina Técnica Taller de Proxectos do Consorcio. Exemplos e casos prácticos.

– Os programas de rehabilitación de vivendas. Mantemento (Ter é Manter), intervención en elementos catalogados e edificios tutelados.

– «A Pedra que pisas», iniciativas do Consorcio de Santiago de Compostela e a Fundación Laboral da Construción de Galicia para a formación de traballadores, empresas e técnicos na conservación e mantemento dos pavimentos lousados de Santiago de Compostela.

– A rehabilitación do Barrio da Tinería en Lugo.

– O Sistema de Información Patrimonial promovido polo Consorcio de Santiago de Compostela, ferramenta para a xestión dunha cidade Patrimonio da Humanidade. Presentación práctica do S.I.P. (en aula de informática e con conexión wi-fi).

– Intervencións de rehabilitación e renovación en espazos singulares (e II). Os casos de Sabarís en Baiona e Moimenta en Boiro.

3. Prazas: 40.

4. Destinatarios

4.1. O 75% das prazas (30) teñen como destinatarios os empregados públicos das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

4.1.1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

4.1.2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.

4.1.3. Persoal eventual que acredite a súa condición co correspondente nomeamento específico.

Este curso valorarase con 0,40 puntos a aqueles alumnos que fosen considerados aptos á finalización deste e, por tanto, teñan dereito a certificado de aproveitamento, sempre que cumpran os requisitos para a aplicación do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se establecen, de acordo coas comunidades autónomas, os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Formación e Perfeccionamento de Administración Local, en cumprimento do previsto na Orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, da Resolución do 30 de novembro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública pola que se corrixen erros da Resolución do 26 de outubro de 1994, e conforme co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter estatal (DOG número 52, do 16 de marzo).

4.2. Poderán optar ao 25% restante das prazas (10) o persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como os profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos.

As prazas de calquera dos grupos que non se cubran na súa totalidade acumularanse ás do outro.

5. Pagamento da matrícula

5.1. O importe da matrícula é de douscentos euros (200 €) para todos aqueles solicitantes que cumpran as condicións prescritas no punto 4.1 e que, ademais, no desenvolvemento do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas directamente co curso.

5.2. O importe da matrícula é de catrocentos euros (400 €) para os demais solicitantes que cumpran as condicións prescritas no punto 4.2.

O pagamento da matrícula deberá efectuarse dentro dos 5 días seguintes á comunicación por parte da EGAP da aceptación do alumno no curso.

6. Forma de pagamento

A EGAP comunicará ao alumnado admitido no curso o prazo así como o modo para a formalización da matrícula.

A EGAP non procederá á devolución das cantidades aboadas en concepto de matrícula no caso de renuncia ou abandono unha vez iniciado o curso.

7. Incumprimento dos prazos de pagamento

As persoas matriculadas que non fagan efectivo o importe total dos dereitos de inscrición dentro do prazo marcado perderán a súa condición de alumnos deste curso.

8. Prazo de inscrición e presentación de instancias

O prazo para inscrición será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán cubrir a instancia curricular que para ese efecto figurará, na páxina web da EGAP, no seguinte enderezo:

http://egap.xunta.es/cursoRehabilitacion

Ás persoas admitidas solicitaráselles que presenten os seguintes documentos:

8.1. Se os peticionarios son os referidos na letra 4.1:

8.1.1. Certificación pública descritiva das funcións que desenvolve no posto de traballo, expedida pola persoa que realice as tarefas de certificación da Administración na que presta os seus servizos.

8.1.2. Documentación acreditativa dos méritos incluídos na instancia curricular.

8.2. Se os peticionarios son os referidos na letra 4.2:

8.2.1. Orixinal ou copia debidamente cotexada do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.

8.2.2. Documentación acreditativa dos méritos incluídos na instancia curricular.

Toda a documentación remitida polos solicitantes que non sexa orixinal terá que estar debidamente compulsada.

Todos os méritos alegados deberán acreditarse seguindo a orde establecida nesta convocatoria, presentándose a documentación exixida numerada nos termos desta. A non formalización nos referidos termos suporá a non valoración destes.

Poderase pedir a aclaración en todo momento dos méritos presentados. Os méritos que se inclúan na ficha curricular deberán estar convenientemente acreditados. A non presentación dos documentos acreditativos dos citados méritos dará lugar á exclusión do curso do solicitante previamente seleccionado.

9. Criterios de selección

Os participantes serán seleccionados por unha comisión técnica independente designada para o efecto cuxa composición será publicada no portal web da EGAP. A comisión seleccionará os candidatos con discrecionalidade técnica e independencia con respecto aos órganos directivos da EGAP.

Os criterios selectivos para a admisión neste curso serán os seguintes:

9.1. Para os solicitantes incluídos na letra 4.1, valoraranse:

9.1.1. Posto de traballo actual.

9.1.2. Experiencia profesional independente e distinta da correspondente ao actual posto de traballo, o que se acreditará exclusivamente nos termos sinalados na base 8.1.

9.1.3. Formación:

9.1.3.1. Formación recibida:

a) Títulos oficiais universitarios distintos aos exixidos ou acreditados como requisito para acceder a este curso.

b) Cursos ou seminarios recibidos de máis de 200 horas que teñan relación coa materia do curso.

c) Cursos, seminarios ou xornadas recibidos entre 40 e 200 horas relacionados coa materia do curso.

9.1.3.2. Formación impartida:

a) Ensinanzas oficiais universitarias.

b) Cursos, xornadas e seminarios impartidos que estean relacionados coa materia desta convocatoria.

9.1.4. Outros méritos:

9.1.4.1. Publicacións: libros, revistas técnicas e relatorios ou comunicacións de congresos relacionadas coa materia do curso.

9.1.4.2. Premios e bolsas relacionadas coa materia do curso.

Todos os méritos alegados deberán acreditarse nos termos consignados e serán achegados seguindo a orde establecida nesta convocatoria, presentándose a documentación exixida numerada nos termos desta. A non formalización nos referidos termos suporá a non valoración destes.

En todo caso, esta convocatoria rexerase subsidiariamente polos criterios de participación nas actividades docentes da EGAP (DOG número 7, de 10 de xaneiro de 2008).

9.2. Para os solicitantes incluídos na letra 4.2, valoraranse:

9.2.1. Experiencia profesional. Terán prioridade aqueles solicitantes que acrediten mediante certificación emitida polo organismo ou entidade contratante e/ou, se é o caso, mediante copia do contrato, que a súa actividade profesional actual ten relación directa coa materia do curso. Para estes efectos consideraranse como méritos destacados os seguintes:

9.2.1.1. Ser membro das oficinas de rehabilitación.

9.2.1.2. Contratos con institucións ou entidades públicas ou privadas que acrediten actividade relacionada co obxecto do curso. Neste caso deberá acreditarse a data de inicio e finalización do contrato.

9.2.1.3. Ditames ou informes que teñan como obxecto principal cuestións relacionadas con temas de rehabilitación, vivenda ou urbanismo.

9.2.2. Experiencia profesional independente e distinta da correspondente ao actual posto de traballo, o que se acreditará exclusivamente nos termos sinalados na base 8.1.

9.2.3. Formación:

9.2.3.1. Formación recibida:

a) Títulos oficiais universitarios distintos aos exixidos ou acreditados como requisito para acceder a este curso.

b) Cursos ou seminarios recibidos de máis de 200 horas que teñan relación coa materia do curso.

c) Cursos, seminarios ou xornadas recibidos entre 40 e 200 horas relacionados coa materia do curso.

9.2.3.2. Formación impartida:

a) Ensinanzas oficiais universitarias.

b) Cursos, xornadas e seminarios impartidos que estean relacionados coa materia desta convocatoria.

9.2.4. Outros méritos:

9.2.4.1. Publicacións: libros, revistas técnicas e relatorios ou comunicacións de congresos relacionados coa materia do curso.

9.2.4.2. Premios e bolsas relacionadas coa materia do curso.

A comisión poderá establecer cotas para garantir o carácter interdisciplinario e interadministrativo nos grupos de traballo que se establezan, de acordo coas solicitudes recibidas. Así mesmo, resolverá as alegacións e reclamacións que se puidesen suscitar.

10. Publicación da lista de seleccionados e prazo de presentación de alegacións

A lista de seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web da EGAP (http://egap.xunta.es). O prazo para a presentación de alegacións será de tres días hábiles a partir da data de publicación, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

11. Lista de espera

A comisión fixará unha lista de espera por orde de preferencia no proceso selectivo para cubrir as posibles vacantes daquelas persoas seleccionadas que causen baixa antes do inicio do curso ou no transcurso das primeiras vinte e catro horas lectivas deste.

12. Certificado de aproveitamento

Para a superación deste curso e a obtención do «Certificado de aproveitamento», os alumnos deberán superar un exame no que deberán responder a cuestións de aplicación directa dos coñecementos adquiridos en relación a espazos concretos (como aplicar e xestionar un ARI, como realizar a memoria-programa etc.). Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas, pero baixo ningún concepto poderá superar o 15% das horas lectivas. Toda ausencia deberá sempre ser motivada e xustificada ante a EGAP.

Non se expedirán certificados de asistencia sen ter superado o curso.

13. Desenvolvemento

O curso desenvolverase na EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, os luns, martes e mércores entre o 5 de novembro e o 3 de decembro de 2012, das 16.00 ás 20.00 horas.

Terá unha duración de 50 horas de docencia presencial, en aulas teórico-prácticas. Durante a celebración deste curso levarase a cabo un control permanente da asistencia mediante os sistemas que se establezan para este efecto. Os alumnos terán que acreditar mediante a súa sinatura a súa asistencia a cada unha das sesións académicas e dos talleres.

14. Modificacións e incidencias

A EGAP resérvase a facultade de modificar o programa e resolver as cuestións que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso así como a de cancelalo (se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización).

Corresponde á dirección do curso resolver as incidencias de carácter xeral que poidan producirse durante o desenvolvemento deste.

A realización deste curso queda condicionada á formalización das matrículas, así como ao pagamento destas. No caso de que, por insuficiencia de matrículas, non sexa posible a realización do curso, a EGAP procederá á devolución das cantidades aboadas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública