Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2012 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria, dos servizos para formación regrada de mergullo profesional e cursos de mergullo profesional de tipo extractivo, cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80%, eixe 3, tema prioritario 72 (expediente 23/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: formación regrada de mergullo profesional e cursos de mergullo de tipo extractivo.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución/entrega: ata o 30 de xuño de 2013.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 8053000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 198.975,50 € (exento de IVE); valor estimado: 198.975,50 €.

Anualidades: ano 2012: 99.727,20 €. Ano 2013: 99.248,30 €.

5. Financiamento: Fondo Social Europeo nun 80% e Fondos propios 20%.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar (Edificio dos Espellos). Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 61 39 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17645

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar