Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28862

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de xullo de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-CO-0073/2010-BA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do procedemento SAN-CO-0073/2010-BA.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no edificio administrativo San Caetano s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución a constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa escolla, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo en que o interesado teña o seu domicilio ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Ambos os prazos se contan a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que se coide pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0073/2010-BA.

Interesado: José Luis Hevia del Río, en representación de Trapsa.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: Amio, s/n, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.