De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11270052/2009 e 11270063/2009 (Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).
Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.
Concédeselle aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación da resolución, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que xulguen conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270052/2009.
Interesado: Manuel Fernández López.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: barrio Castelo de Arriba, 39, Lugo.
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 11270063/2009.
Interesada: María Clementina López Carballo.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Rof Codina, 13, 4º D, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).