Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do modificado do proxecto de execución dunha planta de xeración eléctrica a partir de biomasa forestal primaria no concello de Mondariz (expediente IN407A 2010/351-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 149/2008, do 26 de xuño (DOG núm 141), polo que se regula o procedemento de autorización das instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da valorización enerxética da biomasa forestal primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do modificado do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Enerxía Galega da Biomasa, S.L.

Domicilio social: rúa Xosé Pasín, 7 baixo, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: planta de xeración eléctrica a partir de biomasa.

Situación: Mondariz.

Características técnicas:

– Caldeira de vapor cunha turbina de 10.000 kW netos.

– Alternador síncrono de 13,75 mVA de potencia con cos f 0,80.

– Transformador principal de 13,75 mVA a 11/20 kV, transformador de servizos auxiliares de 1.250 kVA e un xerador de enerxía de 1.250 kVA.

– Instalacións auxiliares de tratamento e almacenamento de biomasa, aerorrefrixerador, tratamento de augas, elementos de manobra e control da central eléctrica.

A instalación está situada na Lagoa, Mondariz.

Modificación con respecto ao proxecto orixinal: cámbiase a localización da planta, que orixinariamente se situaba na Lomba do Cruceiro, Ribadetea, concello de Ponteareas, para A Lagoa, concello de Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo dun mes a partir da última publicación.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderá examinarse nesta xefatura territorial e no concello de Mondariz o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de xuño de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra