Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2012 Páx. 28803

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 (DOG núm. 201, do 20 de outubro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 (DOG núm. 201, do 20 de outubro) e modificado pola Orde do 16 de novembro de 2011 (DOG núm. 220, do 17 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información acordou, de conformidade co establecido nos puntos II.1.1.4 e II.1.2.6 da convocatoria, que o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 27 de xullo de 2012 nas aulas 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) sita na rúa de Madrid nº 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento do que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2012

Mª José García Sexto
Presidenta do tribunal