Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28580

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012 pola que se inscribe a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de La Bañeza Monte Urba no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación de Amigos del Camino de Santiago de La Bañeza Monte Urba, do 23 de abril de 2012.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto, segundo o cal «as entidades solicitantes deberán ter como finalidade a recuperación, conservación e promoción dos Camiños de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deles».

Considerando que segundo o artigo 26 a solicitude foi presentada segundo o modelo que figura no anexo e acompañada da documentación pertinente.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia.

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de La Bañeza Monte Urba quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 198.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012

P.D. (Orde 25.1.2012)
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura