Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2012 Páx. 28725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0055-1.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advertíndolle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Mepaban, S.A.

Enderezo: avda. de la Industria, 4, edif. 3, local A, Alcobendas (Madrid).

Nº expte.: 2011/0055-1.

Acta de infracción: 181679/2010/1/H.

Data resolución dirección xeral: 6 de xuño de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais en relación cos artigos 2, 3, 4, 8 e 9 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento dos servizos de prevención; artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais en relación cos artigos 4.2.d) e 19.1 e 4 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1, 6 e 12.8 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 4.092 €.