O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar