Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2012 Páx. 28437

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN conxunta do 22 de xuño de 2012, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a concesión de premios do concurso para a elaboración de carteis, fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións que teñan como tema os dereitos das persoas consumidoras, dirixido ao alumnado de escolas de arte, ciclos superiores de Deseño e Produción Editorial, ciclos superiores de Comunicación, Imaxe e Son e bacharelatos artísticos.

Por Resolución conxunta do 16 de marzo de 2012 (DOG nº 84, do xoves 3 de maio), do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convocouse un concurso dirixido a premiar os mellores carteis, fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións que teñan como tema os dereitos das persoas consumidoras, dirixido a alumnado de escolas de arte, ciclos superiores de deseño e produción editorial, ciclos superiores de comunicación, imaxe e son e bacharelatos artísticos. Vista a proposta do xurado, efectuada segundo o disposto no artigo 7 da citada Resolución do 16 de marzo de 2012,

RESOLVEMOS:

Facer pública a concesión dos premios aos mellores carteis, fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións presentados conforme Resolución do 16 de marzo do 2012, e que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

María Nava Castro Domínguez Jesús Vázquez Abad

Presidenta do Instituto Galego Conselleiro de Cultura, Educación

de Consumo e Ordenación Universitaria

ANEXO

Modalidade A: Carteis (alumnado de escolas de arte e ciclo superior de Deseño e Produción Editorial):

– Primeiro premio:

Título: «Os dereitos dos consumidores nas túas mans».

Autora: María Isabel Herrero Díaz.

Nivel: 2º curso de Deseño e Produción Editorial.

Centro: IES de Leixa (Ferrol).

Dotación económica: 1.400 euros e diploma.

– Segundo premio:

Título: «Dereitos do consumidor».

Autor: Sebastián Pazos Fernández.

Nivel: 1º curso de Deseño Gráfico.

Centro: EASD Ramón Falcón (Lugo).

Dotación económica: 900 euros e diploma.

– Terceiro premio:

Título: «Derechos del consumidor».

Autora: Patricia Fernández Pereira.

Nivel: 1º curso de Deseño Gráfico.

Centro: EASD Ramón Falcón (Lugo).

Dotación económica: 700 euros e diploma.

Modalidade B: Fotografías: (a alumnado de escolas de arte e escolas de imaxen e son):

– Primeiro premio: deserto.

– Segundo premio:

Título: sen título.

Autor: Bruno Martínez Pérez.

Nivel: 1º Fotografía Artística.

Centro: EASD Ramón Falcón (Lugo).

Dotación: 900 euros e diploma.

Modalidade E: Ilustracións (dirixido a alumnado de bachaleratos artísticos).

– Primeiro premio:

Título: sen título.

Autora: Tamara Carrasco Vieites.

Nivel: 2º bacharelato Artes.

Centro: IES de Sar, Santiago de Compostela.

Dotación: 1.400 euros e diploma.

– Segundo premio:

Título: «Non merques todo o que ves».

Autor: José Manuel Ponte Álvarez.

Nivel: 1º bacharelato Artes.

Centro: IES de Sar, Santiago de Compostela.

Dotación: 900 euros e diploma.

– Terceiro premio:

Título: «Queremos derechos hechos de hechos».

Autora: Lía Rodríguez López.

Nivel: 1º bacharelato Artes.

Centro: IES de Sar, Santiago de Compostela.

Dotación económica: 700 euros e diploma.