O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 7 de xuño de 2012, acordou:
1. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal.
2. Abrir un período de información pública durante dous meses, mediante anuncios no taboleiro do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Región e La Voz de Galicia. O citado período iniciarase ao día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
3. A suspensión do outorgamento de licencias naqueles ámbitos do territorio obxecto da modificación. A dita suspensión extinguirase, en todo caso no prazo dun ano, ou coa aprobación definitiva da modificación.
Maceda, 11 de xuño de 2012
Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Alcalde