A corporación municipal, en sesión que tivo lugar o 8 de xuño de 2012, acordou:
– Aprobar inicialmente o convenio urbanístico de planeamento e de cesión anticipada do solo asinado entre o Concello e Gloria de la Soledad Ferro Ucha. Localización: antiga unidade de execución número 8, Ponteareas.
– Sométese o convenio ao trámite de información pública durante o período de 20 días hábiles, mediante anuncio publicado no DOG, BOP, taboleiro de anuncios do concello e nun dos xornais de maior difusión da provincia.
O expediente estará de manifesto na Secretaría municipal.
Ponteareas, 12 de xuño de 2012
Salvador González Solla
Alcalde